Ademais da referencia esencial a liñas, redes e cadros de distribución, o Museo exhibe unha serie de pezas non só curiosas, senón tamén de significativo valor histórico, estreitamente ligadas á evolución das telecomunicacións na Coruña.
Atoparás desde un completo conxunto de ferramentas para o axuste de centrais telefónicas ata un prototipo de Telefonía Rural por Acceso Móbil (TRAC), probado por primeira vez en Vilarboi, na parroquia de San Fiz, no concello de Monfero; o reloxo mestre, que proporcionaba información horaria aos equipos para os axustes de tarifas; e o equipo de telefonía por satélite empregado
polo veleiro que, partindo da Coruña, navegou cara a Cuba para conmemorar o 500 aniversario da circunnavegación da illa.
Tamén atoparás bancos de probas e cadros de distribución, e poderás estudar a evolución do que antes se coñecían como centrais privadas de abonados.
Añadir comentario
Comentarios